BANCO DE LIBROS, DE PROMOCIÓN E DE DESENVOLVEMENTO SOCIAL DE GALICIA

INICIO

 

As persoas que constituímos esta entidade do terceiro sector creímos indispensable proceder a creación dunha asociación de interese social sen ánimo de lucro para poder manter o benestar social de calidade.

Neste sentido, decidimos establecer unhas finalidades orientadas á promoción e o desenvolvemento social das persoas residentes na nosa comunidade a través da implementación de programas sociais e proxectos de actuación e intervención que garanten a consecución dos fins da entidade.

Así, debemos sinalar que esta organización pretende que tódalas persoas participantes teñan acceso á entidade e dispoñan dos recursos precisos para a creación, o mantemento, o fomento e a ampliación dos aspectos educativo-culturais para o que a organización potenciará a acción educativa dentro do contexto sociocultural por medio da apertura da asociación á realidade social e a atención de tódalas persoas, facendo especial fincapé, nas accións dirixidas a nenas, nenos, mulleres e homes que se atopen en situación de vulnerabilidade social.

Por iso, cremos imprescindible traballar na nosa comunidade coa finalidade de conseguir que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades, sobre todo no eido socioeducativo, como base para conseguir a igualdade real e coa firme convicción de que o acceso ós recursos sociais e educativos deben ser universais e igualitarios.

 

 

 

Actualmente temos aberto o I Certame de Deseño de Camisetas. As bases deste certame pódense consultar na sección SERVIZOS, e ahí dentro en CERTAMES. Tamén podedes pinchar neste enlace que vos levará o sitio indicado:

https://bancodelibros.webnode.es/servicios/certames/